Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Abril 2024.

CCOO insta a patronal do metal de Pontevedra a «abandonar as mensaxes derrotistas» e esixe «responsabilidade» para reactivar a economía

    Após a terceira mesa de negociación do convenio do metal da provincia de Pontevedra, a Federación de Industria de CCOO insta a patronal a «abandonar as mensaxes derrotistas». O sindicato tamén esixe «responsabilidade» de todas as partes para impulsar a reactivación da economía, que ha ir por un camiño diferente aos recortes do 2008, «que só serviron para eliminar dereitos».

    09/10/2020.
    Temas
      CCOO esixe recoñecer o esforzo das traballadoras e traballadores do sector do metal

      CCOO esixe recoñecer o esforzo das traballadoras e traballadores do sector do metal

      Nesta terceira xuntanza, as empresas do sector centráronse en indicar o impacto negativo da pandemia e chamaron a negociar un convenio «rápido», xa que o ano 2020 está rematando, e cunha vixencia de dous anos.
       
      CCOO repróchalle á patronal a falta de «formulacións innovadoras» que permitan situar este convenio «á cabeza de todos os convenios», e que teimen «no de sempre», que é eliminar a exoneración nas xubilacións parciais e a limitación no recurso ás empresas de traballo temporal.
       
      Desde CCOO-Industria coidan que a aposta polos sectores industriais debe comezar «por dignificalos», e iso obriga a «poñer en valor o esforzo das persoas que traballan neles».
       
      A vindeira xuntanza da mesa negociadora está fixada para o vindeiro mércores, 14 de outubro, en Vigo.