Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Abril 2024.

CCOO ante a declaración do estado de alarma

    Ante a evolución da segunda fase da pandemia da COVID-19, desde o Sindicato Nacional de CCOO Galicia consideramos adecuada e necesaria a declaración do estado de alarma. Coidamos, tamén, que a Xunta de Galicia, desde as súas competencias, debe traballar de xeito coordinado co Gobeno central e o resto de Gobernos autonómicos para dispoñer de criterios sanitarios e epidemiolóxicos comúns.

    26/10/2020.
    Desde CCOO consideramos adecuada e necesaria a declaración do estado de alarma

    Desde CCOO consideramos adecuada e necesaria a declaración do estado de alarma

    Cómpre reforzar a atención primaria e o rastrexamento dos positivos, así como extremar as medidas de prevención no ámbito laboral e nos coidados. As medidas de restrición de horarios, actividade e mobilidade deben levar ligadas medidas que palíen o impacto socioeconómico, garantan o mantemento dos empregos, posibiliten o coidado e a conciliación, especialmente aos colectivos máis vulnerables.

    Por último, facemos un chamamento a instalar nos teléfonos móbiles a aplicación gratuíta Radar Covid e observar as medidas sanitarias.