Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Abril 2024.

CCOO, UGT e CIG instan a patronal do metal de Pontevedra a se afastar de posición «rancias e obsoletas»

    Despois de nove xuntanzas da mesa negociadora do convenio provincial do metal de Pontevedra, CCOO, UGT e CIG repróchanlle á patronal a «nula vontade» para conseguir un acordo. Os sindicatos lembran que fixeron un «esforzo común» ao consensuar as propostas e así desbloquear a negociación para conseguir un convenio que volva ser «referente» no sector.

    23/11/2020.
    Temas
      Os sindicatos reprochan a falta de vontade negociadora da patronal

      Os sindicatos reprochan a falta de vontade negociadora da patronal

      Entre outros aspectos, os sindicatos chegaron a puntos comúns sobre a subrogación das empresas privadas, o incremento salarial, a redución da xornada anual, o control dos centros especiais de emprego, as políticas contra o acoso, o rexistro de xornada ou a actualización das licenzas.
       
      CCOO, UGT e CIG coidan que a patronal «ten que ser consciente da súa responsabilidade e non esquecer que este sector foi un dos menos castigados» pola crise da pola crise da covid-19, o que lle permitiu manter gran parte da súa actividade.
       
      Por todo isto, os sindicatos instan as patronais Asime, Atra e Instalectra a reforzar o sector e afastárense «de posicións rancias e obsoletas» que non poñen en valor o esforzo dos traballadores e das traballadoras nun momento en que cómpre un sector industrial forte.