Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

O Gabinete de Igualdade de CCOO de Galicia retoma no outono o seu labor formativo

    Este mes de novembro, o Gabinete de Igualdade de CCOO impartiu varias xornadas de formación, retomando así un labor interrompido pola pandemia.

    27/11/2020.
    Xornada formativa en Pontevedra

    Xornada formativa en Pontevedra

    As acción formativas deste mes foron:
    ? 5 de novembro, a petición da Federación de Construción e Servizos de CCOO, para delegados e delegadas de Pontevedra
    ? 9 de novembro (en liña), a petición da Federación de Servizos á Cidadanía, para delegados e delegadas das comarcas de Lugo e da Mariña
    ? 17 de novembro, para delegadas e delegadas de CCOO en Gestión Sanitaria Gallega, SLU

    Xornadas didácticas

    Desde a súa creación, este Gabinete esforzouse por promover unha formación especializada das persoas que compoñen as delegacións das CCOO nas empresas galegas. Todas as federacións tiveron acceso a esta formación presencial.

    A pandemia freou as aspiracións de levar os conceptos básicos sobre igualdade e plans de igualdade á maior cantidade de delegados e delegadas de CCOO, pero os resultados obtidos nas xornadas dos primeiros meses do 2020 foron esperanzadores, polo que este outono se continúa coas accións formativas, ben sexa na modalidade presencial ou a distancia.

    A formación impartida nestas xornadas da Mariña e Pontevedra pódese complementar cos materiais publicados na área con que o Gabinete de Igualdade conta na web de CCOO.