Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

CCOO pide que «non quede en pantomima» a posta en marcha do teletraballo anunciada por Feijóo

    O sector da Administración autonómica de CCOO pide que «non quede nunha simple pantomima» a maior «énfase» na práctica do teletraballo anunciada onte polo presidente da Xunta de Galicia, co obxectivo de diminuír a mobilidade, a interacción social e a capacidade de contaxio.

    26/01/2021.
    Traballador realizando o seu labor desde a casa | Foto: Pixabay

    Traballador realizando o seu labor desde a casa | Foto: Pixabay

    O sindicato ten disposición a axudarlle á Xunta «a incrementar esa énfase», pero para iso «cómpre unha nova regulamentación do teletraballo que se basee nunha maior universalización dos colectivos e nun aumento dos días para exercer esta opción».

    Desde o sector da Autonómica lamentan que o pacto a que chegou a Xunta coa CIG —único sindicato que lle deu o visto e prace— para modificar a normativa do 2013 «só empeorou a situación», polo que CCOO reivindica a revisión dese «mal acordo».