Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Abril 2024.

A presión sindical leva a patronal do metal de Pontevedra a negociar

  • Aprázase a mobilización prevista para o día 3 de febreiro

Os sindicatos CCOO, UGT e CIG informan do aprazamento da mobilización prevista para o día 3 de febreiro. Toman a decisión tras seren convocados pola patronal a unha xuntanza para ese mesmo día.

29/01/2021.
Temas
    A patronal do sector senta a negociar grazas á presión dos sindicatos

    A patronal do sector senta a negociar grazas á presión dos sindicatos

    As tres organizacións congratúlanse deste paso por parte da parte empresarial, que atribúen a que surtiu efecto a presión sindical. CCOO, UGT e CIG avanzan que non van permitir recortes no convenio colectivo do sector.