Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Abril 2024.

Os sindicatos do metal de Pontevedra preparan un calendario de mobilizacións

    CCOO, UGT e CIG anuncian que van preparar un novo calendario de mobilizacións para o sector do metal da provincia de Pontevedra. Após trece reunións, a parte empresarial teima e introducir elementos que precarizarían as condicións de traballo.

    11/02/2021.
    Temas
      Concentración do sector do metal de Pontevedra en decembro de 2020

      Concentración do sector do metal de Pontevedra en decembro de 2020

      Ante as profundas discrepancias, motivadas fundamentalmente pola «falta de interese da patronal» en negociar un convenio «que nos permita volver a ser referencia e mellorar as nosas condicións», a negociación centrouse nun convenio de transición para os anos 2020 e 2021.

      Isto supuxo unificar as propostas sindicais nunha soa, concretando a negociación na suba salarial e nos puntos que xa estaban acordados.

      Porén, a patronal teimou en impor as súas pretensións, «nun descarado intento de precarizar o convenio», denuncian os tres sindicatos.

      As empresas pretenden ligar as subas salariais a que non se restrinxa a entrada das ETT no sector. Tamén queren que o complemento de eventualidade se aboe ao final do contrato —agora págase mensualmente—, unha «artimaña» que implicaría «roubarlle aos traballadores e traballadoras a súa indemnización».