Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Abril 2024.

Os sindicatos do metal de Pontevedra instan a patronal a negociar

    Este luns tivo lugar a primeira das mobilizacións convocadas CCOO, UGT e CIG para desbloquear as negociacións do convenio metal da provincia de Pontevedra. Após catorce reunións, a parte empresarial non desistiu de tentar introducir elementos que precarizarían as condicións de traballo.

    01/03/2021.
    Temas
      Concentración diante de Talleres Fontán, en Vigo (1-3-2021)

      Concentración diante de Talleres Fontán, en Vigo (1-3-2021)

      A concentración tivo lugar diante de Talleres Fontán, empresa do presidente de ATRA, unha das patronais do sector. Alí, o secretario comarcal de CCOO-Industria de Vigo, Celso Carnero, reprochoulles ás empresas a súa actitude.

      «Que saiban que a foto non a teñen que sacar só con Feijóo. A foto téñena que sacar cos seus traballadores e traballadoras, que reclaman unhas condicións dignas», exhortou o sindicalista de CCOO.

      Carnero apuntou que este é «un mes complicado», pero pediulles aos traballadores e traballadoras do sector a participación na concentración do vindeiro 11 de marzo diante de Urovesa (Valga) e, sobre todo, na asemblea que terá lugar o día 24 no Náutico de Vigo. «Alí temos que estar todas e todos», incidiu o voceiro de CCOO.