Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2024.

CCOO logra que os traballadores e traballadoras de derivados do cemento da provincia da Coruña cobren ata mil euros en atrasos

    Os traballadores e traballadoras do sector de derivados do cemento da provincia da Coruña cobrarán ata mil euros en concepto de atrasos grazas á suba salarial asinada por Comisións Obreiras. As táboas salariais neste ámbito experimentarán desde a nómina de marzo unha suba do 1,5 %, xunto co pagamento de atrasos que oscilarán entre os 624,78 e os 969,88 euros, en función da categoría profesional.

    13/03/2021.
    Traballo no sector do cemento | Foto: Pixabay

    Traballo no sector do cemento | Foto: Pixabay

    CCOO sinala que a publicación das táboas salariais se produce “máis tarde do desexable” por mor do “colapso” que padece a Administración, xa que o acordo salarial data do pasado mes de setembro, tal como recolle o boletín oficial da provincia.

    Desde o sindicato salientan que esta mellora económica se produce grazas ao asinamento dun “convenio garantista” que permitirá que as traballadoras e traballadores sigan aumentando poder adquisitivo con subas por riba do IPC.