Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

CCOO e UGT protestan en Vigo pola situación da atención á dependencia

    A Federación de Pensionistas de CCOO de Vigo e a agrupación de pensionistas de UGT-Vigo concentráronse este martes diante da delegación da Xunta na cidade olívica para amosar a súa «preocupación» pola situación actual do sistema para a atención á dependencia (SAAD).

    18/05/2021.
    Concentracións de CCOO e UGT en defensa da atención á dependencia (Vigo, 18/5/2021)

    Concentracións de CCOO e UGT en defensa da atención á dependencia (Vigo, 18/5/2021)

    Ambas as dúas organizacións rexistraron a finais do 2019 un escrito dirixido á delegada da Xunta na cidade coas propostas para corrixir a situación. Malia o compromiso de dar unha resposta, a día de hoxe esta non chegou, de aí a concentración protagonizada esta mañá.