Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 22 Maio 2025.

Acordo e fin de folga en Faurecia Asientos de Galicia

  • Quedan pendentes de pechar os conflitos noutras empresas do grupo

A Federación de Industria de CCOO informa do apoio da asemblea de traballadores e traballadoras de Faurecia Asientos de Galicia, en Vigo, ao acordo a que chegaran a empresa e o comité. Isto permitirá unha importante suba salarial para o persoal, polo que se desconvoca a folga.

10/09/2021.
Instalacións de Faurecia no Porriño | Foto: Google

Instalacións de Faurecia no Porriño | Foto: Google

Segundo o sindicato comarcal de CCOO-Industria, o acordo sae adiante co apoio de case nove de cada dez traballadoras e traballadores que exerceron o seu dereito ao voto.

Actualmente, quedan pendentes de resolver conflitos noutras empresas do mesmo grupo empresarial. No caso de Faurecia Escapes —tamén en Vigo— hai prevista unha asemblea de traballadores e traballadoras. En Faurecia Interior —no Porriño—, CCOO do Hábitat informa de que hai un acordo entre sindicatos e empresa, pero queda por concretar unha data para o ratificar por escrito, polo que a folga só está suspendida temporalmente.