Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2024.

Obradoiro en Lugo sobre a valoración de postos de traballo e o rexistro e auditoría retributiva

    O Gabinete de Igualdade de CCOO impartiu o martes en Lugo un obradoiro sobre a valoración de postos de traballo e o rexistro e auditoría retributiva.

    19/10/2021.
    Obradoiro en Lugo do Gabinete de Igualdade de CCOO

    Obradoiro en Lugo do Gabinete de Igualdade de CCOO

    O rexistro e a auditoría retributiva é unha obriga recollida no Real decreto 902/2020, de 13 de outubro, que entrou en vigor o pasado mes de abril.

    A norma obriga a que todas as empresas realicen un rexistro salarial. Así mesmo, as empresas cun plan de igualdade deberán realizar tamén unha auditoría retributiva.

    A formación proporcionada polo Gabinete de Igualdade permite achegarlles unha visión práctica ás delegadas e delegados de CCOO que participan en tarefas de negociación colectiva en empresas de diferentes sectores da comarca.