Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2024.

CCOO convoca folga en todo o sector de conservas de peixe

    CCOO de Industria, xunto a UGT e CIG, ten claro que esta patronal só reacciona ante a presión, polo que se acorda convocar folga en todo o sector das conservas de peixe.

    28/12/2021.
    Comunicado convocatoria de Folga

    Comunicado convocatoria de Folga

    A Federación de Industria de CCOO, a Federación de Industria, Construción e Agro de UGT, e CIG- FGAMT, reuníronse hoxe para poñer en marcha un calendario de mobilizacións en defensa do convenio colectivo estatal de conservas de peixe. A xuntanza prodúcese tras coñecer a proposta da patronal, achegada onte, que non responde ás expectativas e necesidades do persoal do sector.

    Neste sentido, os tres sindicatos arrincaremos con tres días completos de folga en todo o sector de conservas de peixe. Os días de folga convocados, son o 21 de xaneiro e o 3 e 4 de febreiro.

    Por un convenio xusto

    Levámolo dicindo na nosa campaña estatal #PescarDerechos: é agora ou nunca. As principais reivindicacións de CCOO teñen que ser asumidas pola patronal. Entre outras cuestións, esiximos:

    • Estabilidade no emprego. Hai que rematar coa alta temporalidade (incluída a das ETT). Cando menos o 85% do cadro de persoal ha ter un contrato indefinido (fixo o fixo-descontinuo).
    • Fortes incrementos salariais e cláusula de garantía salarial ligada ao IPC, para mellorar substancialmente o poder adquisitivo das persoas traballadoras.
    • Acabar coa discriminación salarial que sofren as mulleres. Equiparación salarial automática do grupo 5 co grupo 6 e modificación do sistema de clasificación profesional, onde os niveis salariais sexan entre postos de igual valor.
    • Máis dereitos e permisos para poder conciliar a vida laboral coa familiar. Por exemplo, crear un permiso retribuído para asistir ou acompañar oos nosos familiares dependentes ao médico.