Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

CCOO convoca o 23 de marzo mobilizacións contra a suba dos prezos

    Os sindicatos CCOO e UGT, xunto con outras organizacións sociais, convocan mobilizacións en todo o Estado para esixir medidas pola suba dos prezos. O pasado mes de febreiro, a inflación alcanzou unha nova cifra histórica ao se situar no 7,6 %, o nivel máis alto desde 1986. A tensión dos prezos da electricidade, o gas, os carburantes e outras materias primas estase trasladando ao prezo do resto de bens e servizos, que xa soben de forma xeneralizada.

    18/03/2022.

    URL | Código para insertar

    Mobilizacións o 23 de marzo contra a suba dos prezos

    Mobilizacións o 23 de marzo contra a suba dos prezos

    Todo fai prever que a inxustificable guerra iniciada por Rusia coa invasión de Ucraína terá como consecuencia unha aceleración da inflación que pon en risco o acceso a bens e servizos esenciais, a recuperación económica e a creación de emprego, in­tensificando os problemas de desigual­dade e pobreza.

    Ante este escenario, é urxente que o Go­berno de España e a Unión Europea ac­túen de forma contundente. Teñen a obriga de despregar todas a iniciativas que cumpran para poñer fin a esta escalada dos prezos, para atallar comportamentos especulativos e para protexer e dar seguri­dade á toda a cidadanía.

    CCOO, UGT e as organizacións sociais que apoian esta convocatoria —organizacións de autónomos, de consumidores e entidades veciñais— fan un chamamento á mobilización e toda a cidadanía o vindeiro día 23 de marzo.

    MOBILIZACIÓNS

    — A Coruña. Manifestación ás 19:00 desde a praza de Pontevedra ata o Obelisco

    — Ferrol. Concentración ás 19:30 na praza da Constitución

    — Santiago de Compostela. Concentración ás 19:30 na estación vella (San Caetano)

    — Lugo. Concentración ás 19:30 na Subdelegación do Goberno

    — Viveiro. Concentración ás 19:30 na praza do Concello

    — Ourense. Concentración ás Concentración ás 19:30 na Subdelegación do Goberno

    — Pontevedra. Manifestación ás 19:30 desde o Hospital Provincial ata a praza da Peregrina

    — Vilagarcía de Arousa. Concentración ás 19:30 na praza de Galicia

    — Vigo. Manifestación ás 19:30 desde a Vía Norte ata o cruzamento da praza de Compostela con Colón