Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Maio 2025.

Despois de catro meses de folga, a Xerencia da Área Sanitaria pide a suspensión cautelar do xefe do servizo de ORL do Hospital Clínico de Santiago

    Despois de catro meses de folga e case nove de conflito, a Xerencia da Área Sanitaria Santiago-Barbanza pediulle á Inspección Sanitaria a suspensión cautelar de funcións do xefe do Servizo de Otorrinolaringoloxía (ORL) do Hospital Clínico, Carlos Martín Martín. Así o confirmou a Administración sanitaria na reunión que mantivo esta mesma mañá co comité de folga.

    31/03/2022.
    CCOO convoca folga no servizo de Otorrinolaringoloxía do Hospital Clínico de Santiago

    CCOO convoca folga no servizo de Otorrinolaringoloxía do Hospital Clínico de Santiago

    Na mesma xuntanza, o comité reprochoulle á Xerencia a súa «desidia» á hora de adoptar a decisión, que se produce tras catro meses de folga, cun seguimento medio do 75 % e máis de 1200 consultas suspendidas neste tempo. Tamén lle afearon que desde o 10 de marzo do 2020 —hai máis de dous anos— non se procedese á reavaliación deste responsable, malia que está obrigada por lei.

    Con todo, desde o comité advertíronlle á Xerencia que continúa en pé a convocatoria de folga diaria a partir do 6 de abril, a non ser que se faga efectiva a suspensión cautelar de funcións ou directamente a súa destitución. Consideran que a situación actual, de persistir, só prexudicará a calidade asistencial. «A xerenta, Eloína Núñez, debe poñer en primeiro lugar a protección da saúde da poboación da área sanitaria Santiago-Barbanza», conclúen.