Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 17 Maio 2025.

O persoal da recollida de residuos das Mariñas aproba a suba salarial dun 6,5 para o ano 2022

    CCOO negociou a suba, que garante o poder adquisitivo das cen persoas traballadoras que forman o cadro de persoal.

    10/04/2022.
    Asemblea da plantilla de RSU das Mariñas

    Asemblea da plantilla de RSU das Mariñas

    O pasado mes de marzo, CCOO do Hábitat de Galicia e CIG decidiron activar a cláusula de garantía salarial asinada no convenio colectivo de recollida de residuos sólidos urbanos (RSU), que require para a súa aplicación do acordo entre as partes.

    Nun ambiente de paz social que dura décadas, o persoal das Mariñas, a través da súa representación legal dos traballadores e traballadoras (RLT), demostra que non é necesario apoiarse en actos vandálicos para conseguir grandes acordos.

    O venres, 8 de abril, celebrouse no salón de actos do Edificio Sindicatos unha multitudinaria asemblea na que se explicou en detalle e se votou o contido do acordo .

    Por ampla maioría, a asemblea deu un 'si' a unha suba salarial das máis altas neste sector.

    CCOO do Hábitat de Galicia e CIG consideran moi positivo todo o proceso e cren que se garante a estabilidade no persoal que presta servizos para o Consorcio das Mariñas.

    Na próxima semana, a RLT e a empresa Prezero asinarán o acordo final.