Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 6 Maio 2024.

O persoal de limpeza do CHOP irá á folga se non hai acordo para mellorar o convenio

    Convocan manifestación en Ponteveda próximo mércores, 27 de abril. A marcha partirá ás 18:30 horas do Hospital Provincial e concluirá na praza da Peregrina.

    23/04/2022.
    Protestas negociación Convenio Acciona CHOP

    Protestas negociación Convenio Acciona CHOP

    Os comités de empresa, xunto co persoal e co apoio de CCOO, concentráronse o xoves 21 de abril nos dous hospitais públicos de Pontevedra para reclamar melloras no convenio colectivo. Anuncian folga indefinida a partir do 2 de maio se a concesionaria (Acciona) non atende as reivindicación da parte social para incluir melloras no convenio.

    O comité lamenta a falta de vontade negociadora de Acciona, unha empresa que se gaba de relacións laborais exemplares. «Nada máis lonxe da realidade», critican, «pois o seu comportamento só responde á máxima de enriquecemento a base da explotación do cadro de persoal».

    As posturas están moi afastadas, pero o comité sempre estará disposto a negociar para procurar puntos de encontro en asuntos «tan fundamentais e concretos» como a reclamación sobre o pagamento dos complementos de perigosidade e penosidade —que consideran «de xustiza» polo traballo desempeñado durante toda a pandemia e tendo en conta que aínda persiste o risco covid.