Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

CCOO entregou os PREMIOS 1.º DE MAIO AO COMPROMISO SOCIAL E Á SOLIDARIEDADE

    Estes premios, que outorga CCOO de Vigo, son un referente no ámbito laboral e social en Galicia e con eles homenaxéase as persoas e colectivos que salientan pola súa traxectoria laboral, persoal e social.

    30/04/2022.

    URL | Código para insertar

    Premio 1º de Maio AO COMPROMISO SOCIAL E Á SOLIDARIEDADE

    Premio 1º de Maio AO COMPROMISO SOCIAL E Á SOLIDARIEDADE

    A Unión Comarcal de CCOO de Vigo entregou o venres, 29 de abril, os Premios Primeiro de Maio ao Compromiso Social e á Solidariedade. O acto tivo lugar no salón de recepcións de Afundación.

    Os premios recaeron este ano na compañeira de CCOO Marta González Rodríguez e no Partido Comunista de España. As circunstancias tan duras, en moitos casos dramáticas, que se viviron en 1972 fan especialmente salientable a elección dos premiados desta edición, a conquista das liberdades e a loita contra a ditadura, supuxo un gran pegada para a conquista das liberdades democráticas en España.

    Na entrega do Premio 1.º de Maio ao Compromiso Social e á Solidariedade do ano 2022, xunto á premiada Marta González Rodríguez e Enrique Santiago Romero, secretario xeral do Partido Comunista de España, interviñeron Amelia Pérez Álvarez, secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, e Montserrat Carrera Leiros, secretaria xeral da Unión Comarcal de CCOO de Vigo, que pechou o acto. Saudou os presentes e premiadas e premiados, Carlos López Font en representación da Deputación Provincial de Pontevedra.

    Compromiso social e solidariedade son valores que atesouran os agasallados, exemplos para imitar na procura dun mundo máis xusto e democrático, porque os dereitos non se herdan, senón que se loitan e se defenden.

     Homenaxe 2022:

    PARTIDO COMUNISTA DE ESPAÑA  

    Celebrado recentemente o centenario do PCE, cómpre destacar o seu papel esencial durante a ditadura na reconstrución do movemento obreiro e a súa achega á loita polos dereitos e liberdades así como á construción dunha sociedade mellor, máis xusta e igualitaria.

     MARTA GONZÁLEZ RODRÍGUEZ

    Empezou a traballar moi nova. As dificultades cotiás que vía no traballo levárona a participar na loita obreira e, polo tanto, na folga de setembro de 1972, que foi un punto de inflexión e que forma parte do subconsciente colectivo da sociedade viguesa e galega. Nas primeiras eleccións sindicais en democracia, Marta formaba parte da candidatura das CCOO na Empresa Álvarez, onde seguiu estando ata a súa xubilación.

    Entrevista coas familias do Villa de Pitanxo

    Antes da entrega de premios, o secretario xeral do PCE, deputado de Unidas Podemos e secretario de Estado para a Axenda 2030, Enrique Fernando Santiago Romero, tivo un encontro coas familias do Villa de Pitanxo, «para darlles todo o meu apoio e escoitar as súas demandas, que recollemos para contribuír no que estea na nosa man. O meu abrazo forte»,  publicou posteriormente en Twitter 

    Tamén Amelia Pérez lles transmitiu a solidariedade e apoio de CCOO ás familias das vítimas do barco de pesca, e que esta primeira iniciativa terá continuación coa colaboración e demanda que se poñan todos os medios para unha investigación sen máis demora que esclareza os feitos, coa firme convicción de que se coñecerán as causas do accidente. As conclusións da investigación servirán para que as familias teñan unha explicación do que motivou o afundimento. Isto esixe a localización do barco e a súa inspección.