Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Outubro 2024.

1º DE MAIO NA COMARCA DE AROUSA

    Este 1º de maio celebramos como todolos anos a manifestación do 1º de Maio para defender e reivindicar os dereitos dos traballadores.

    13/05/2022.
    1º de maio Arousa

    1º de maio Arousa

    Un ano máis Comisóns Obreiras celebramos o 1º de maio cunha manifestación e lectura de manifesto para a defensa e reivindicación dos dereitos dos traballadores. Este ano, xunto coa UGT, saímos a calle baixo o lema: A SOLUCIÓN, SUBIR SALARIOS CONTER PREZOS MÁIS IGUALDADE.

    No manifesto reivindicamos unha nova orde mundial máis xusta que sitúe as persoas e o seu benestar por diante dos intereses económicos duns poucos. Mostramos a nosa solidariedade co pobo Ucraíno, á vez que condenamos a inxustificada guerra iniciada por Rusia coa invasión de Ucraína; solidariedade que facemos extensible a esa parte do pobo ruso que non quere a guerra e está a sufrir detencións por exercer o seu dereito á protesta. Igualmente manifestamos o noso máis enérxico rexeitamento ao xiro histórico que deu o Goberno de España con respecto ao Sáhara Occidental, ao se afastar da resolución 690 da ONU do 29 de abril de 1991, e expresamos o noso apoio e solidariedade co pobo saharaui e a súa causa.

    Recordamos no manifesto que a Reforma Laboral aborda aspectos de gran calado, como o reforzamento da negociación colectiva, recuperando a ultraactividade dos convenios colectivos, a prevalencia de aplicación do convenio sectorial fronte ao convenio de empresa e garantindo o convenio de aplicación nas contratas e subcontratas; pero, sobre todo, é unha reforma que asenta cambios moi importantes no modelo ñlaboral, apostando polo mantemento e estabilidade no emprego fronte ao modelo de inestabilidade laboral anterior e ao axuste do mercado de traballo centrado nos despedimentos e no abuso da contratación temporal.

    Recordamos que dende mediadis de 2021 vénse producindo unha aceleración da inflación, tanto en España como na eurozona, ligada ao encarecemento da enerxía e dos produtos de alimentación, mentres os salarios pactados moderan a súa suba, o que pon de manifesto que as traballadoras e os traballadores e a naegociación colectiva non contrubuiron á subida da inflación, senón que máis ben corresponde á suba de prezos empresariais para recompoñer as súas marxes de beneficios.

    A forte presión inflacionista da enerxía, á que se suman os efectos da guerra de ucraína, estase estendendo aos bens e servizos fundamentais perxudicando en maior medida os fogares con menores ingresos. É urxente tomar medidas eficaces para frear a suba de prezos que empobrece a clase traballadora.

    Porque a desigualdade tamén frea o crecemento económico, non podemos consentir que se pretenda sáir desta crise á custa de desvalorizar os salarios, dexerar máis pobreza laboral e maior desigualdade social.

    01º DE MAIO REIVIDICARÉMOLO NA RÚA

    VIVA O 1º DE MAIO