Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Abril 2024.

Sindicato Comarcal de Pensionista e Xubilados de Ferrol

Conferencia coloquio a cargo de Xesús Alonso Montero

    25/05/2022.
    Conferencia Xesús Alonso Montero 25-05-2022

    Conferencia Xesús Alonso Montero 25-05-2022

    Unión Comarcal de Ferrol:

    Xesús Alonso Montero, a petición do Sindicato Comarcal de Pensionistas de Ferrol presentounos unha clase maxistral sobre a “Memoria Histórica”.

    Xesús Alonso Montero, foi profesor en Lugo, doutor Honoris Causa da UNED, presidente a Real Academia Galega, pero sobre todo gran loitador e gran ensinante.

    Presentounos o:

    DRAMA INFORMATIVO NOS RELATOS NON FRANQUISTAS

    Nunha asistencia masiva, desenrolou recordos, recordou angustias, e como sempre desvelounos as situacións que os “non Franquistas” tiveron que superar.

    Temos que dar grazas a persoas como Xesús, que dedicou unha vida enteira a non esquecer, e a manter viva a chama dos homes e mulleres que tiveron na súa fronte o estigma da libertade.