-
Principal
- Inicio
- Acción sindical
- Emprego
- Saúde laboral
- Política social
- Xuventude
- Internacional
- Muller e igualdade
- Institucional
- Documentos
- Publicacións
Este sitio usa cookies propias y de terceros para facilitar la navegación y obtener información de estadísticas de uso de nuestros visitantes. Puedes aceptar todas las cookies pulsando el botón 'Aceptar' o configurarlas o rechazar su uso pulsando el botón 'Configurar cookies'
Para más información consulta nuestra Política de cookies
Desde aquí puede activar o desactivar las cookies que utilizamos en este sitio web, a excepción de las de técnicas, que son imprescindibles. Si no selecciona ninguna opción, equivale a rechazar todas las demás cookies.
Permiten mantener la coherencia de la navegación y optimizar el rendimiento del sitio web, son imprescindibles
Guarda la configuración de cookies seleccionada por el usuario
Utilizamos estas cookies para obtener información de estadísticas de uso de nuestros visitantes. Están gestionadas por Google, puedes consultar su política de cookies haciendo clic aquí
Cuando mostramos información incrustada de la red social Facebook, se genera automáticamente esta cookie. Está gestionada por Facebook, puedes consultar su política de cookies haciendo clic aquí
Cuando mostramos información incrustada de la red social Twitter, se generan automáticamente estas cookies. Están gestionadas por Twitter, puedes consultar su política de cookies haciendo clic aquí
Política de cookies
SINDICATO NACIONAL DE CCOO DE GALICIA informa de que este sitio web usa cookies para o seguinte:
Asegurar que as páxinas web poidan funcionar correctamente.
Recompilar información estatística anónima, como que páxinas visitou a persoa usuaria ou canto tempo permaneceu no sitio web.
Mostrar contido de redes sociais, sempre relacionado con información da organización de CCOO.
Informamos de que contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade alleas á de CCOO, que poderá decidir se acepta ou non cando acceda a eles.
A continuación encontrará información detallada sobre que son as cookies, que tipo de cookies utiliza este sitio web, como pode desactivalas no seu navegador e como bloquear especificamente a instalación de cookies de terceiros.
1. Que son as cookies?
As cookies son arquivos que os sitios web ou as aplicacións instalan no navegador ou no dispositivo (teléfono intelixente, tableta ou televisión conectada) da persoa usuaria durante o seu percorrido polas páxinas do sitio ou pola aplicación, e serven para almacenar información sobre a súa visita.
O uso de cookies permite optimizar a navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos intereses da persoa usuaria, para proporcionarlle unha mellor experiencia sempre que visita o sitio web.
Tipoloxía, finalidade e funcionamento
As cookies, en función da súa permanencia, poden dividirse en cookies de sesión ou permanentes. As primeiras expiran cando a persoa usuaria pecha o navegador. As segundas expiran cando se cumpre o obxectivo para o que serven (por exemplo, para que a persoa usuaria se manteña identificada no sitio web) ou ben cando se borran manualmente.
Adicionalmente, en función do seu obxectivo, as cookies utilizadas poden clasificarse da seguinte forma:
Estritamente necesarias (técnicas): son aquelas imprescindibles para o correcto funcionamento da páxina. Normalmente, xéranse cando a persoa usuaria accede ao sitio web ou inicia sesión nel e utilízanse para identificala no sitio web cos seguintes obxectivos:
Manter a persoa usuaria identificada de forma que, se abandona o sitio web, o navegador ou o dispositivo e noutro momento volve acceder a ese sitio web, seguirá identificado, facilitando así a súa navegación sen ter que volver a identificarse
Comprobar se a persoa usuaria está autorizada para acceder a certos servizos ou zonas do sitio web.
De rendimiento: utilízanse para mellorar a experiencia de navegación e optimizar o funcionamento do sitio web.
Analiticas: recompilan información sobre a experiencia de navegación da persoa usuaria no sitio web, normalmente de forma anónima, aínda que, en ocasións, tamén permiten identificar de maneira única e inequívoca a persoa usuaria co fin de obter informes sobre os seus intereses nos servizos que ofrece o sitio web.
Para máis información, podes consultar a guía sobre o uso das cookies elaborada pola Axencia Española de Protección de Datos en https://www.aepd.es/sites/default/files/2020-07/guia-cookies.pdf
3. Cookies utilizadas neste sitio web
A continuación, móstrase unha táboa coas cookies utilizadas neste sitio web, incorporando un criterio de “nivel de intrusividade” apoiado nunha escala do 1 ao 3, na que:
Nivel 1: correspóndese con cookies estritamente necesarias para a prestación do propio servizo solicitado pola persoa usuaria.
Nivel 2: correspóndese con cookies de rendemento (anónimas), necesarias para o mantemento de contidos e navegación, das que só é necesario informar sobre a súa existencia.
Nivel 3: correspóndese con cookies xestionadas por terceiros que permiten o seguimento da persoa usuaria a través de webs das que o SINDICATO NACIONAL DE CCOO DE GALICIA non é titular. Pode corresponderse con cookies onde se identifica a persoa usuaria de xeito único e evidente.
TABLA DE COOKIES UTILIZADAS | ||||
Cookie | Duración | Tipo | Propósito | Intrusividade |
PHPSESSID, SERVERID, Incap_ses_*_* y visid_incap_* | Sesión | Imprescindibles | Manter a coherencia da navegación e optimizar o rendemento do sitio web | 1 |
config | 1 ano | Imprescindibles | Gardar a configuración de cookies seleccionada pola persoa usuaria | 2 |
Google Analytics (_gat, _gid y _ga) | 24 horas | Analítica, de terceiros (Google) | Permitir a medición e análise da navegación nas páxinas web | 3 |
Facebook (_fbp) | 3 meses | Terceiros (Facebook) | Mostrar información incrustada da rede social Facebook | 3 |
Twitter (eu_cn, ct0, guest_id, personalization_id) | Sesión | Terceiros (Twitter) | Mostrar información incrustada da rede social Twitter | 3 |
Desde as seguintes ligazóns podes consultar a política de cookies de terceiros: Política de cookies de Google, Política de cookies de Facebook, Política de cookies de Twiter
Deshabilitar o uso de cookies
A persoa usuaria, no momento de iniciar a navegación da web, configurou a preferencia de cookies.
Se nun momento posterior desexa cambiala, pode facelo a través da configuración do navegador.
Se a persoa usuaria así o desexa, é posible deixar de aceptar as cookies do navegador, ou deixar de aceptar as cookies dun servizo en particular.
Todos os navegadores modernos permiten cambiar a configuración de cookies. Estes axustes encóntranse normalmente nas Opcións ou Preferencias do menú do navegador.
A persoa usuaria poderá, en calquera momento, deshabilitar o uso de cookies neste sitio web utilizando o seu navegador. Hai que ter en conta que a configuración de cada navegador é diferente. Pode consultar o botón de axuda ou ben visitar as seguintes ligazóns de cada navegador onde lle indicará como facelo: Internet Explorer, FireFox, Chrome, Safari
Tamén existen outras ferramentas de terceiros, dispoñibles en liña, que lle permiten á persoa usuaria xestionar as cookies.
Que ocorre ao deshabilitar as cookies?
Algunhas funcionalidades e servizos poden quedar deshabilitados, ter un funcionamento diferente ao esperado ou incluso que se degrade notablemente a experiencia de navegación da persoa usuaria.
Actualización da política de cookies
SINDICATO NACIONAL DE CCOO DE GALICIA pode modificar esta política de cookies en función de esixencias lexislativas, regulamentarias ou coa finalidade de adaptar a dita política ás instrucións ditadas pola Axencia Española de Protección de Datos, por iso se aconsella á persoa usuaria que a visite periodicamente.
Cando se produzan cambios significativos nesta política de cookies, comunicarase a través da web.
Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 31 Marzo 2023.
Reunión coas Alcaldías da Comarca da Mariña para tratar a situación do ferrocarril.
CCOO reúnese cos alcaldes e alcaldesas da franxa costeira da Mariña para tratar a situación do ferrocarril de ancho métrico que discorre pola comarca.O sindicato propón un servizo de proximidade con conexións intermodais co bus na estación de Burela, para conectar o Hospital da Mariña e a bonificación dos títulos de transporte.
En pleno debate sobre a importancia do transporte publico, e do ferrocarril de cercanías en especial, como medida de aforro enerxético ante os problemas de abastecementos e a alza de prezos dos carburantes , o anunciado polo Goberno da gratuidade a partir de setembro dos abonos de transporte en proximidades e media distancia convencional, os usuarios e usuarias do tren na Mariña non se van beneficiar da medida, xa que nas liñas de vía estreita só existen abonos multiviaxe nos tramos de proximidade e nesta en concreto só existe como tal o traxecto comprendido entre Ferrol e Ortigueira.
Desde a Unión Europea hai unha aposta polo ferrocarril como medio de transporte máis ecolóxico e sostible, e téñense que presentar proxectos para que estean incluídos nos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, entre os cales deberían incluírse os necesarios para o impulso desta liña ferroviaria-
Na tarde de onte, unha representación de CCOO, formada por Gregorio Bermejo Verdejo, coordinador do Sector Ferroviario en Galicia, M.ª José Novoa Villarejo, secretaria xeral da Unión Comarcal de CCOO na Mariña, Ana María Sanmiguel Gómez, secretaria xeral da Sección Sindical de Adif-Renfe na provincia de Lugo, e Sabas Martínez Rodríguez, delegado sindical de Adif en Ribadeo, presentaron as Alcaldías dos concellos da Comarca da Mariña, un breve informe da situación da liña, sobre todo desde que se produciu a integración de FEVE en ADIF e Renfe, pois os investimentos se limitaron a actuacións puntuais de mantemento; proba disto é que existen limitacións temporais de velocidade desde hai máis de vinte anos e cando hai temporais prodúcense numerosos incidentes en trincheiras e zonas de árbores.
Tamén informaron de que as numerosas incidencias que se producen nos servizos de viaxeiros, con supresións e transbordos, débense a que unha parte da frota que se usa ten moita antigüidade e os trens menos antigos sempre deron moitos problemas por deseño de fabricación, ao que hai que sumar o deficiente mantemento pola falta de repostos debido aos escasos orzamentos para esta zona.
Falta de persoal nas estacións.
Outro dos asuntos tratados é a non presenza de persoal ferroviario de Renfe nas estacións de Viveiro, Xove, Burela e Ribadeo, que obriga os viaxeiros a comprar os billetes nas máquinas de autovenda instaladas nas estacións, cuestión que prexudica os usuarios de idade avanzada. A empresa ten a intención de cambiar as máquinas de autovenda por terminais con operadores telemáticos para a información e venda dos títulos de transporte.
Servizo insuficente
Desde CCOO cremos que a oferta de servizos ferroviarios é insuficente, xa que só hai catro servizos por sentido e día entre Ferrol e Ribadeo, dous dos cales son conexións con Asturias. Deberíanse realizar xestións para incrementar a oferta cun servizos de proximidade que nalgún caso tería que ser entre Ribadeo e Viveiro, con prolongación dalgún ata Ortigueira para dar un servizo de calidade en toda a comarca a estudantes, traballadores e demais usuarios, e aproveitar a intermodalidade cos buses na estación de Burela para conectar co Hospital da Mariña e os institutos.
Expuxémoslles que A Mariña é unha zona pola que se desprazan moitos turistas en época estival, ademais de en datas puntuais como a Semana Santa e coincidindo con eventos folclóricos e festivais musicais, polo que sería importante incrementar os servizos ferroviarios nestas datas e que se solicitase a construción dun apeadoiro xunta a praia das Catedrais, que é un dos puntos máis visitado de Galicia, polo que parece inconcibible que non teña unha parada ou ferrocarril.
Por todo o exposto, transmitímoslles esta información aos alcaldes dos concellos por onde discorre esta liña para que, a través dos organismos competentes, se realicen as reclamacións e xestións oportunas e, se procede, convocar a todos os axentes sociais para acordar as accións que se estimen convenientes co fin de conseguir un mellor servizo ferroviario, dado que o ferrocarril é un dos medios de transporte público máis sostible tanto social como ambientalmente.