Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Abril 2024.

25 de xullo 2022, día da Patria Galega

    25/07/2022.

    URL | Código para insertar

    Este 25 de xullo celebramos o Día de Galicia, que fora instituído polas Irmandades da Fala en 1919, “Dia Nacional de Galicia” como o decretou a Xunta de Galicia en xaneiro de 1.979, e tamén para CCOO un día reivindicativo.

    Os tempos presentes non son doados, mais que o desalento non se instale entre nós. Abramos portas e xanelas, que entre aire fresco e propicio que nos leve en boa singradura ata a conquista de mais dereitos e protección social.

    Celebremos esta data con respecto coas distintas sensibilidades e formas plurais de amar Galicia, e aos sinais propios sobre os que se alicerza a nosa identidade como pobo, entre os que salienta con singular relevancia o idioma galego, como nos deixou dito Celso Emilio Ferreiro:

    Lingua proletaria do meu pobo,

    Eu fáloa porque si, porque me gosta,

    Porque me peta e quero e dame a gaña;

    Porque me sae de dentro, alá do fondo…

    Viva Galicia sempre.