Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2024.

CCOO defende un ensino público de calidade e rexeita os recortes da Xunta

  • O novo curso escolar comezou «de forma catastrófica»

O curso escolar 2022-2023 comeza con menos medios e menos profesorado. Comisións Obreiras defende un ensino público de calidade, «piar básico» do Estado do benestar.

09/09/2022.

URL | Código para insertar

José Fuentes, secretario de Acción Sindical de Pública non Universitaria de CCOO-Ensino, denuncia que o novo curso escolar —que comezou o xoves, día 8— comezou «de forma catastrófica», cun recorte importante de profesorado. «Só en Educación Infantil, Primaria e Educación Especial, a Xunta eliminou 105 postos de traballo», afirma o sindicalista.

Iria Yáñez, adxunta á súa Secretaría, asegura que se CCOO denuncia cada ano os recortes na educación «non é só pola situación laboral das traballadoras e dos traballadores do ensino: un maior investimento en educación reverte na sociedade en xeral», aclara.

Para a secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Amelia Pérez, os recortes perpetrados pola Consellaría de Educación son a constatación de que a Xunta de Galicia «segue a desprezar un dos piares básicos do estado do benestar», que é o ensino público. Fronte a este xeito de actuar, Comisións defende un ensino público de calidade, «garantía da igualdade de oportunidades e da cohesión social no noso país», conclúe a dirixente sindical.