Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

CCOO advirte: «salario ou conflito» no sector da discapacidade

    A Federación do Ensino de CCOO convocou unha concentración en Santiago de Compostela este mércores en defensa do poder adquisitivo dos traballadores e traballadoras do sector da discapacidade. A protesta tivo lugar diante dunha das entidades do sector, Fademga.

    14/09/2022.
    Concentración de CCOO-Ensino para defender o poder adquisitivo no sector da discapacidade (14/9/2022)

    Concentración de CCOO-Ensino para defender o poder adquisitivo no sector da discapacidade (14/9/2022)

    Nun contexto económico de alza de prezos, CCOO-Ensino coida «imprescindible» garantir o poder adquisitivo das persoas traballadoras, en especial daquelas con retribucións máis baixas.

    Desde CCOO repróchanlles ás patronais a súa negativa a cumpriren coa cláusula de revisión salarial pactada no convenio, así como a pretensión de rebaixaren o alcance das melloras sociais xa comprometidas na negociación.

    O sindicato, que posúe máis da metade da representatividade na mesa negociadora, convoca estas mobilizacións no marco da campaña estatal «Salario ou conflito».