Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2024.

CCOO volve conseguir toda a representación no SAF de Oleiros

    A candidatura presentada por CCOO-Hábitat volveu conseguir toda a representación en FEPAS, empresa concesionaria do servizo de axuda no fogar (SAF) do Concello de Oleiros. Fíxoo, ademais, co apoio da totalidade de votos do persoal.

    07/10/2022.
    Reforzar a posición de CCOO nas eleccións sindicais é o máis axeitado para conseguir melloras laborais

    Reforzar a posición de CCOO nas eleccións sindicais é o máis axeitado para conseguir melloras laborais

    A Federación do Hábitat de CCOO congratúlase por este resultado, xa que o SAF de Oleiros é un referente en Galicia por ter importantes melloras por riba do pactado no convenio do sector.

    Unha vez máis, as delegadas de CCOO son respaldadas polas súas compañeiras, contribuíndo a que Comisións siga sendo o primeiro sindicato no sector de axuda no fogar.

    Para CCOO é moi importante que se visualice este apoio nun momento tan crucial como o actual, en que se está a negociar un novo convenio sectorial. Reforzar a representación de Comisións Obreiras contribuirá conseguir melloras substanciais das condicións laborais.