Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Sindicato Comarcal de Pensionistas de Vigo

Vigo: 1972, insurrectos nas rúas

    18/10/2022.
    Lembranzas das folgas de 1972

    Lembranzas das folgas de 1972

    Lembramos no cincuentenario das folgas sociopolíticas do ano 1972. Lembramos a loita na rúa, a participación da cidadanía, de homes e mulleres, de traballadores e traballadoras, parados e paradas, estudantes, mocidade, xente maior…

    Todos xuntos ante a Ditadura de Franco, pedras, carreiras, irmandade…

    Grandes versos:

    «Compañero del alma…compañero»

    Recordando estes maiores de Vigo e comarca, xunta compañeiras e compañeiros cataláns, posiblemente, a mais de un lles escorreu unha bagoa pola meixela.

    Xente loitadora! Xente que loita!