Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

A CARA "B" DO SECTOR FINANCEIRO

    Beneficios récord, incremento dos dividendos ao accionariado e aumentos exponenciais da retribución das cúpulas bancarias.

    30/10/2022.

    URL | Código para insertar

    Éxito rotundo das mobilizacións do sector financeiro. CCOO esixe na rúa que coiden do seu persoal e pacten mecanismos compensatorios da inflación. As delegadas e delegados de CCOO mobilízanse ante as principais entidades na semana de presentación de beneficios récord.

    CCOO mobilizouse en Madrid, Valencia, Barcelona, A Coruña e Málaga, diante de sedes e centros das principais entidades do sector —Caixabank, Santander, BBVA, Sabadell, Abanca, Unicaja, Ibercaja— e das patronais Cecabank e UNNAC Rurais. Estas mobilizacións lánzanse como unha primeira fase de actuacións para denunciar que nun contexto de beneficios récord, de incremento dos dividendos ao accionariado e de aumentos exponenciais da retribución das cúpulas bancarias, as patronais néganse a concretar mecanismos compensatorios dignos para uns cadros de persoal afectados por unha inflación excepcional e non prevista.

    Desde CCOO reiteramos o noso chamamento aos consellos de administración das entidades do sector para que deixen de buscar escusas e dean instrucións a CECA e AEB, así como ás patronais do sector de Rurais, para acometer, de forma crible, acordos de aplicación ao conxunto de traballadores e traballadoras e en contías suficientes.

    A secretaria xeral de CCOO Servizos de Galicia, Lucia Trénor, vén denunciando de forma reiterada que o modelo de negocio imposto polos bancos é laboralmente insostible para o persoal. CCOO analizou e denunciou:

    • Que o axuste neto de persoal en máis de 115 000 persoas desde 2008 sitúa a España como o país da UE onde os cadros de persoal do sector financeiro soportan a maior carga de atención.
    • Que este proceso, unido ao peche de máis da metade de oficinas e os procesos de dixitalización, incrementou de forma exponencial a sobrecarga de traballo: xestión comercial e bancaria, risco xurídico, formación obrigatoria, carga administrativa... concentrado na metade de persoas.
    • Que a esta sobrecarga, con constatables consecuencias sobre a saúde, súmanse prolongacións de xornada, obxectivos comerciais inasumibles, presións desmedidas... o que leva a unha situación límite para uns cadros de persoal tensos, queimados e desmotivados. Un modelo laboralmente insostible que debe cesar decontado.
    • Que, mentres as cúpulas do sector descoidan e ignoran os cadros de persoal, ademais de negarse a compensar a súa perda de poder adquisitivo por unha inflación imprevista, cóidanse a si mesmos: entre 2018 e 2021, os beneficios das principais entidades subiron un 34,17 % e os soldos de presidentes e CEO un 37,77 %

    Tras o éxito das concentracións de hoxe, o próximo #3N seguiremos esixindo desde CCOO, na gran manifestación en Madrid, outro modelo laboral no que se coide as persoas traballadoras, o principal activo do sector: Polo emprego e o poder adquisitivo. #SalarioOuConflito