Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

CCOO lamenta o falecemento do traballador ferido en Pontevedra

    O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia lamenta o falecemento de Benito González, o traballador ferido no incendio rexistrado o pasado sábado nunha nave anexa á antiga fábrica de Pontesa, en Pontevedra. Este tráxico suceso deixou aínda outros dous feridos para os que CCOO agarda a súa rápida e completa recuperación.

    09/11/2022.
    CCOO lamenta unha nova vítima nun accidente de traballo

    CCOO lamenta unha nova vítima nun accidente de traballo

    A investigación xudicial será a que determine as responsabilidades, pero iso non exime dunha severa reflexión sobre os feitos que se coñecen. O sindicato confía en que a investigación avance e consiga determinar as causas desta traxedia.

    Por último, CCOO lembra que o sindicato está a disposición de todas as persoas traballadoras para defendelas de calquera risco á súa integridade que se poida producir no medio laboral.