Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2024.

Gañamos en Pontevedra as eleccións sindicais en Carrefour

    ✔️ CCOO gaña por primeira vez as eleccions sindicais en Carrefour Pontevedra, tras só catro anos de presenza no comité de empresa, e pasa de ser o terceiro sindicato ao primeiro.

    19/11/2022.
    Carrefour Pontevedra

    Carrefour Pontevedra

    CCOO aumenta a súa representación e gaña as eleccións sindicais en Carrefour-Pontevedra. Nas eleccións sindicais celebradas hai catro anos, UGT obtivera 4 delegados, FETICO 3 e CCOO 2, logrando representación por primeira vez. Agora, CCOO conseguimos 4 (un en técnicos e administrativos e 3 en especialistas), UGT 3 (1 e 2 ) e FETICO 2 (1 e 1), co que os 2 delegados que gaña CCOO pérdenos 1 UGT e 1 FETICO.

    Na votación participou case todo o persoal, 166 traballadores/as, acadando CCOO 65 votos, UGT 44 (*), FETICO 55 e 2 votos en blanco

    Ademais da maioría de CCOO, estas eleccions supoñen a consolidación do sindicalismo de clase en Carrefour Pontevedra, fronte ao sindicalismo promovido pola patronal, e que no sector dos grandes almacéns estea representado por FETICO e por FASGA, que neste caso non tiña candidatura.

    Resultados:

    VOTOS DELG. 2018
    CCOO 65 2
    FETICO 55 2 2
    UGT 44 3 5

    ( * ) FETICO obtivo 32 votos e 1 delegado/a no colexio de técnicos e UGT 13 votos e tamén 1 delegado/a neste mesmo colexio.

    Para o sindicato, estes resultados referendan o «excelente» traballo realizado, e agradécelles aos traballadores e traballadoras o «apoio» á candidatura presentada por CCOO que, polo tanto, asumirá un papel determinante na negociación.