Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Este #25N reforzamos o noso compromiso contando as nosas prácticas con feitos

    CCOO sumouse aos actos convocados e redobrou o compromiso mediante feitos concretos

    25/11/2022.

    URL | Código para insertar

    No Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, CCOO sumouse aos actos convocados e redobrou o seu compromiso mediante feitos concretos para continuar loitando contra todas as violencias machistas e a discriminación ás mulleres na que estas se sustentan. 

    📣 En CCOO traballamos para erradicar calquera forma de violencia contra as mulleres e facemos un chamamento para combatelas ata a súa total eliminación, tanto dos centros de traballo como da sociedade. Neste sentido, o sindicato puxo en marcha o Observatorio de Acoso Sexual e por Razón de Sexo, que pretende visibilizar un tipo de violencia de xénero que polo xeral está oculto. A propia existencia do Observatorio é unha apelación contra esta violencia e unha denuncia.

    As mulleres e homes de CCOO reforzamos  este #25N o noso compromiso contando as nosas prácticas con feitos e non só con palabras porque #ImosContalo, sumándonos tamén aos actos e manifestacións convocados polos movementos feministas en cada territorio.