Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

CCOO apela á solidariedade da clase traballadora para doar sangue ante as baixas reservas de case todos os grupos

    O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia apela á solidariedade da clase traballadora para que acuda a doar debido ás baixas reservas en case todos os grupos sanguíneos a día de hoxe. O sindicato lembra que as doazóns de sangue son imprescindibles para numerosos actos médicos e a súa falta pode levar á suspensión de intervencións, como está acontecendo esta semana. «As galegas e os galegos somos unha sociedade solidaria e demostrarémolo unha vez máis», sinala a secretaria xeral, Amelia Pérez.

    15/12/2022.
    CCOO fai un chamamento á clase traballadora para que acuda a doar sangue

    CCOO fai un chamamento á clase traballadora para que acuda a doar sangue

    De feito, segundo datos do 2021 da Federación Española de Doantes de Sangue (FEDSANG), Galicia é a cuarta comunidade autónoma con máis doazóns por cada mil habitantes, só por tras de Estremadura, Castela e León e Asturias.

    Quen pode doar?

    A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue sinala que poden doar as persoas de entre 18 e 65 anos que pesen máis de 50 quilos e non estean actualmente cursando enfermidade ou tomando un tratamento. Tampouco poden doar as persoas con doenzas graves ou crónicas, cancro, asma grave, diabetes insulinodependente, bronquite grave, epilepsia ou enfermidade hematolóxica. Os homes poden doar anualmente un máximo de catro veces e tres as mulleres, deixando polo menos dous meses entre cada doazón. Para calquera dúbida pódese contactar coa ADOS no teléfono 900 100 828.

    Unidades móbiles

    Este xoves haberá unidades móbiles para poder doar sangue nas localidades de Ferrol (escola da Armada), Cedeira, A Coruña (Atocha), Camariñas (Camelle), Cerceda, Boiro, Teo (Cacheiras), Vilagarcía de Arousa, Ponteareas, Vigo, Tomiño (Goián), Vigo (Hospital Cunqueiro) Chantada, Ourense (San Cibrao das Viñas) e Piñor. Mañá venres, en Ferrol (Inferniño), A Coruña (Novo Mesoiro), Culleredo (O Burgo), Boiro, Boqueixón (Lestedo), Vilagarcía de Arousa, Vigo (García Barbón e Cunqueiro), Cangas do Morrazo, Lugo (praza Maior), Foz e Xinzo de Limia. Xa o sábado, en Neda, Culleredo (Fonteculler), Boiro, Vilagarcía de Arousa, Cangas do Morrazo e Monterroso.

    Locais de doazón de luns a sábado

    Tamén é posible doar, de luns a sábado, nos locais de doazón situados en distintos hospitais galegos. Todos eles facilitan estacionamento gratuíto ás persoas doantes.

    — Hospital da Coruña (As Xubias, 84). Aberto pola semana de 8 a 22 horas e os sábados de 8 a 15 horas.

    — Hospital Arquitecto Marcide (Ferrol). Os luns de 15 a 22 horas; martes, mércores e xoves de 8 a 15 horas; venres de 8 a 22 horas.

    — Hospital Lucus Augusti (San Cibrao s/n, Lugo). Os luns e os venres de 15 a 22 horas; os martes, mércores e xoves de 8 a 15 horas.

    — Complexo Hospitalario de Ourense. Os luns e os venres, de 15 a 22 horas; os martes, mércores e xoves, de 8 a 15 horas. Así mesmo, a unidade móbil 15 está situada fronte á entrada principal (rúa de Ramón Puga).

    — Hospital Provincial de Pontevedra. Os luns e os venres, de 8 a 15 horas; os martes, mércores e xoves, de 15 a 22 horas.

    — Hospital Clínico de Santiago. De luns a venres, de 8 a 22 horas; os sábados, de 8 a 15 horas.

    — Hospital Nicolás Peña (Vigo). De luns a venres, de 8 a 22 horas; os sábados, de 8 a 15 horas.