Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Abril 2024.

Novidades sociolaborais do ano 2023

    Editamos un breve documento resumindo as principais novidades sociolaborais do novo ano. Entre outras, as novas contías do SMI, do IPREM, das prestacións por desemprego, o ingreso mínimo, a Risga ou as pensións.

    12/01/2023.
    O novo ano trae consigo novidades no ámbito sociolaboral

    O novo ano trae consigo novidades no ámbito sociolaboral

    Os importes actualizados das diferentes prestacións recóllense de maneira clara en distintos cadros. Asemade, resúmense as principais cuestións que se refiren ás pensións, como o novo mecanismo de equidade interxeracional ou os cambios na idade ordinaria de xubilación —que se atrasa dous meses respecto ao 2022.

    Por último, este breve documento tamén tata outras cuestións como as bases máximas de cotización á Seguridade Social, os contratos para a formación e a aprendizaxe, o novo sistema de cotización para autónomos/as.