Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

CCOO de Galicia, Catalunya e Euskadi reúnense os días 24 e 25 no Galeuscat Sindical en Santiago de Compostela

    Este Galeuscat abordará cuestións como a transformación dixital, a negociación colectiva autonómica ou o populismo de extrema dereita.

    24/01/2023.
    ponencia sobre NC autonómica

    ponencia sobre NC autonómica

    Os días 24 e 25 de xaneiro reúnense en Santiago de Compostela as CCOO de Galicia, Catalunya e Euskadi, no marco do Galeuscat Sindical.

    O encontro foi presentado, este martes ás 10:30 h, pola secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Amelia Pérez Álvarez, dando a benvida á cidade de Santiago de Compostela Joaquín Gutiérrez García, secretario xeral da U. I. de CCOO de Santiago-Barbanza.

    Participan representacións da Confederación Sindical de CCOO e as súas confederacións sindicais de nacionalidade, isto é, o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, CCOO de Euskadi e CCOO de Catalunya.

    IX GALEUSCAT SINDICAL

    Santiago de Compostela, 24 e 25 de xaneiro de 2023

    PROGRAMA: 24 de xaneiro

    PRESENTACIÓN DA XORNADA

    • Yolanda Martínez Quintián, secretaria de Finanzas do S. N. de CCOO de Galicia
    • Joaquín Gutiérrez García, secretario xeral da U. I. de CCOO de Santiago-Barbanza
    • Amelia Pérez Álvarez, secretaria xeral do S. N. de CCOO de Galicia

    TRANSFORMACIÓN DIXITAL DO SINDICATO

    • Michela Albarello, CCOO de Catalunya
    • Modera: Leila Piñeiro Otero, secretaria de Organización do S. N. de CCOO de Galicia

    COLOQUIO

    NEGOCIACIÓN COLECTIVA  AUTONÓMICA. CONTEXTO E ARTICULACIÓN DOS CONVENIOS

    • Fran Osuna, secretario de Acción Sindical de CCOO de Euskadi
    • Modera: Armando Iglesias Rodríguez, secretario de Acción Sindical e Saúde Laboral do S. N. de CCOO de Galicia

    COLOQUIO

    Nesta primeira xornada do martes, as tres confederacións sindicais de nacionalidade e a confederación sindical estatal reafirmaron e puxeron en valor a histórica defensa de CCOO dos dereitos nacionais e autonómicos dos pobos dun Estado diverso e plural como é o español, sempre desde os principios de solidariedade e cooperación, apostando por un avance federalista.

    Ademais, compartíronse experiencias en materia de acción sindical e diagnósticos sobre as diferentes realidades socioeconómicas, con mención especial para o diálogo social e a negociación colectiva autonómica, a transformación dixital.