Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Febreiro 2024.

CCOO asina o convenio de Comercio Metal da provincia de Pontevedra 2020-2024

    É un dos convenios que ampara maior número de persoas traballadoras dentro do sector. En CCOO consideramos que o resultado final é satisfactorio, aínda que supoña un avance menor do que coidamos que debería ter. 

    02/02/2023.
    Asinado o convenio de Comercio Metal Pontevedra

    Asinado o convenio de Comercio Metal Pontevedra

    Despois dun longo período de negociacións acompañadas de numerosas mobilizacións e folgas, este mércores logrouse o asinamento do convenio de Comercio Metal da provincia de Pontevedra, un dos que ampara maior número de persoas traballadoras dentro do sector. 

    As negociacións —que comezaron o 8 de xuño de 2021— permitíronnos alcanzar un acordo coas seguintes características: 

    • Incremento: 2022 = 6,5 %; 2023 = 4 %; 2024 = 4 % 
    • Revisión salarial na diferenza entre a suma do IPC dos anos 2023 e 2024, e o incremento real destes anos (8 %) cun tope do 10 %, que se aplicará con carácter retroactivo ao 1 de xaneiro de 2024. 
    • En xornada: redución de 16 horas (8 a partir do 1/1/23 e 8 a partir do 1/1/25).
    • Adaptación do convenio ás novidades da reforma laboral e en materia de conciliación, trasladando para iso o acordado no convenio de comercio vario recentemente asinado. 
    • Respecto ás vacacións, os 22 días que marca o convenio son sempre de 8 horas, para que non lles conte un día completo ás persoas que traballan medio día os sábados.
    • Trasladar ao convenio o réxime de faltas e sancións establecido no convenio de comercio vario. 

    A pesar de non alcanzar o obxectivo inicial de incluír este subsector no recentemente asinado Convenio de Comercio Vario —obxectivo que seguirá vivo para a seguinte negociación—, CCOO considera que o resultado final é satisfactorio, aínda que supoña un avance menor do que coidabamos que debería ter. 

    Agora toca pór o convenio en marcha e esixir que se aplique en cada unha das empresas e persoas traballadoras ás que afecta. 

    CCOO poñémonos á vosa disposición para conquistar este importante obxectivo. Animámosvos a afiliarvos e a participardes como representantes das persoas traballadoras por esta organización onde se convoquen eleccións para, desde o noso sindicato, facer a forza necesaria para mellorar as condicións laborais de todas e todos.

    O convenio do metal de Pontevedra actualiza os salarios co IPC