Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

CCOO sumouse nas rúas ao movemento feminista, estendendo o #FeminismoSindical

    O sindicato tamén celebrou de modo especial o 8M nos centros de traballo, onde construímos igualdade día a día.

    10/03/2023.

    URL | Código para insertar

    CCOO reivindicou un feminismo sindical que atravese as portas dos centros de traballo para defender os dereitos e as liberdades. Falar de feminismo é falar de democracia.

    O sindicato aposta polos plans de igualdade, ferramenta feminista que naceu do diálogo da clase traballadora cos gobernos; reivindica así mesmo o papel do diálogo social para mellorar a protección no emprego, a taxa de cobertura en seguridade social ou a diminución da temporalidade nas mulleres.

    Este 8M, CCOO reafirmou a condición internacionalista do feminismo sindical, saudando as mulleres afgás que se manifestaron o 7 de marzo en Cabul e as mulleres iranianas que, en condicións extremadamente difíciles, loitan acotío polos seus dereitos.

    Non hai democracia sen a metade da poboación que somos as mulleres. O feminismo non ten caras, non ten donos, non ten nomes. Ten o suxeito colectivo de todas as mulleres do país que queremos transformar e navegar cara a un novo contrato social, con condicións de traballo dignas, sen fenda salarial.

    CCOO fai un chamamento para seguir loitando pola defensa dos dereitos e as liberdades, a dignificación dos coidados, e a extensión da democracia.

    Este 8 de marzo do 2023, as mulleres de todo o país, nas rúas e desde os centros de traballo, dicimos que todas formamos parte dese suxeito colectivo, que o feminismo non é de ninguén.