Non foi posible cargado o vídeo
URL |
Código para insertar
Manifestación sector comercio vario da Coruña
As organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT convocaron este domingo, 26 de marzo, unha manifestación polas rúas da Coruña, en demanda dun convenio colectivo digno para o comercio vario da provincia da Coruña. A mobilización, na que participaron máis de mil persoas, saía ás 12:00 horas do centro comercial Catro Camiños, en dirección Bailén (rematou ao final da rúa Real), pasando por Juan Flórez e a praza de Lugo, rematou coa lectura do manifesto.
Despois de moitas reunións, na súa última proposta, a patronal ofreceu un incremento do 0 % para 2020, do 4 % para 2021, do 3,5 % para 2022, do 2,5 % para 2023 e do 2 % para 2024. Para os anos 2021 e 2022, nos que IPC sumou 12,20 puntos, só ofrece unha recuperación do 7,5 %, pretendendo que se acepte unha perda do poder adquisitivo dos salarios do persoal do 4,7 %.
Para o resto de anos de vixencia, as subas son moi pequenas e cunha cláusula de revisión que non garante o incremento conforme ao IPC. A patronal tampouco quere asumir a plataforma reivindicativa: redución da xornada anual, aumento dos descansos, incrementos nos complementos de sábado e tardes, premio na antigüidade, introducir limitacións á contratación inferior a 24 horas (como xa se recolle noutros convenios provinciais), máis días de asuntos propios e mellorar outras licenzas.
O comercio vario agrupa o de téxtil, calzado, ópticas, multiprezos, material eléctrico e construción. Desde CCOO denuncian que a patronal, aproveitandose da pandemia e a posterior situación socioeconómica, vén demorando a negociación de xeito «deliberado» para facer que as condicións laborais «retrocedan case vinte anos».
Para Comisións, a actitude da patronal «non ten xustificación» xa que moitas delas están «nunha boa situación económica». Por ese motivo, o sindicato repróchalles que «intenten aproveitar a conxuntura para aumentar beneficios á custa de recortar dereitos laborais».
👉📸 ...... Galería de imaxes