Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Axudas sociais de carácter extraordinario

    O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 23 de marzo o Decreto polo que se establecen axudas sociais de carácter extraordinario a favor de pensionistas de xubilación e invalidez, na súa modalidade non contributiva, a favor de persoas perceptoras das pensións do fondo de asistencia social e das persoas beneficiarias do subsidio de garantía de ingresos mínimos.

    24/03/2023.
    Entre as persoas beneficiarias da axuda están as perceptoras de pensións non contributivas de xubilación

    Entre as persoas beneficiarias da axuda están as perceptoras de pensións non contributivas de xubilación

    A axuda consiste en 218 euros que se aboarán mediante un pagamento único que se realizará de oficio, sen que se precise solicitude da persoa interesada. O importe ingresarase mediante transferencia bancaria na conta en que as persoas be­neficiarias teñen domiciliado a percepción ordinaria da súa pensión.

    Serán persoas beneficiarias destas axudas sociais de carácter extraordinario aquelas que per­ciban pensións de invalidez e xubilación na súa modalidade non contributiva, as do fondo de asistencia social e as do subsidio de garantía de ingresos mínimos, nas que concorran os se­guintes requisitos.

    Primeiro, estar en situación de alta en nómina o 1 de xaneiro de 2023 ou estar en situación de alta en nómina con posterioridade a esa data pero con efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 2023 e permanecer nesta mesma situación de alta na data de entrada en vigor deste decreto. Segundo, ter a residencia habitual no territorio da comunidade autónoma de Galicia no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de entrada en vigor deste decreto.

    Igual­mente, terán dereito ás axudas aquelas persoas que devindicasen o dereito á percepción e fa­lezan durante o mes de publicación deste decreto, sempre que tivesen a súa residencia habi­tual en Galicia no momento de seu falecemento.