Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

CCOO ante o anuncio da venda de Nueva Pescanova por parte de Abanca

    Tras o anuncio de Abanca do inicio das negociacións para a venda do 80 % da súa participación en Pescanova ao Grupo multinacional Cooke Inc., desde CCOO solicítase, «de maneira urxente», unha reunión «ao máis alto nivel» para coñecer de primeira man, con transparencia e de maneira oficial, como se realizará todo o proceso. Cómpre lembrar que o Grupo Nueva Pescanova España ten en Galicia case 1100 persoas traballadoras.

    13/04/2023.
    Sede do Grupo Pescanova

    Sede do Grupo Pescanova

    Para CCOO é fundamental que este proceso culmine cunha «venda responsable» que implique garantías do mantemento do emprego, así como un proxecto «serio e de futuro» que continúe coa referencia da marca no territorio, «evitando calquera posible descapitalización dos nosos centros de traballo».

    Unha vez que CCOO teña coñecemento e constancia dos plans de futuro e investimento do novo propietario, farase a pertinente valoración sobre o proceso de venda anunciado.