Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 11 Maio 2025.

CCOO rexeita o ERE en Inelcom, unha das meirandes empresas de Lugo

    A Federación de Servizos de CCOO rexeita o ERE anunciado por Inelcom, empresa situada en Sarria, unha das compañías máis grandes de Lugo por volume de persoal. Dedícase ao sector de centros de chamadas, prestando servizos a Telefónica ou Hola Luz, entre outras.

    17/04/2023.
    CCOO rexeita o ERE en Inelcom

    CCOO rexeita o ERE en Inelcom

    A comezos de mes, a dirección notificoulle ao comité de empresa a apertura do período de negociacións para un ERE en todo o Estado que atangue tanto o centro de traballo de Sarria como o de Xàtiva (País Valencià). Entre ambos os dous suman máis de 500 persoas.

    A día de hoxe, non se sabe como afectaría a regulación de emprego a cada un dos centros. No entanto, CCOO informa de que este mércores haberá unha primeira xuntanza do comité de empresa co alcalde de Sarria, a quen lle trasladará na súa preocupación polo futuro da compañía e do emprego.