Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

CCOO gaña as eleccións sindicais no Concello de Melide

    A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO informa da vitoria nas eleccións sindicais do Concello de Melide, onde Comisións conseguiu todo o comité de empresa. 

    18/04/2023.
    CCOO gaña as eleccións sindicais no Concello de Melide

    CCOO gaña as eleccións sindicais no Concello de Melide

    Ata o momento, CSIF tiña catro delegados e delegadas fronte a un de CCOO. Agora, esta organización consegue os cinco representantes.

    Desde a FSC-CCOO salientan que estes resultados se deben ao «excelente traballo» realizado polo sindicato en Melide nestes catro anos e agradécenlles aos traballadores e traballadoras a confianza depositada na candidatura de Comisións Obreiras.