Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

CCOO explica en Pontevedra as claves da reforma das pensións

    CCOO organizou o mércores na súa sede comarcal de Pontevedra unha asemblea previa ao Primeiro de Maio en que explicou as principais claves da reforma das pensións, pactada por este sindicato.

    20/04/2023.
    Asemblea na sede da Unión Comarcal de CCOO de Pontevedra

    Asemblea na sede da Unión Comarcal de CCOO de Pontevedra

    A secretaria de Emprego e Política Social do Sindicato Nacional de CCOO, Maica Bouza, afirmou que este acordo «garante as pensións do futuro», amais de mellorar os sistemas de protección social, «con especial incidencia nas persoas máis novas».

    A reforma tamén terá beneficios para as pensións mínimas e «diminúe a fenda de xénero mediante unha mellora de períodos cotizados e de prestacións para as mulleres deste país», explicou.

    Na asemblea tamén interviñeron a secretaria nacional de Xuventude, Ángela Serantes, a secretaria xeral da Unión Comarcal, Pilar Mosquera, e o secretario comarcal de Organización, José Luis García Pedrosa.