Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2024.

O persoal do porto de Marín e Ría de Pontevedra mobilízase polos dereitos laborais

    Este xoves, os traballadores e traballadoras da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra (APMRP) continúan coas accións de protesta en defensa dos seus dereitos laborais. Critican a dirección do porto, a falta de transparencia e a limitación de dereitos. Todo isto desembocou nunha situación que cualifican de «insostible».

    20/04/2023.
    Protesta do persoal do porto de Marín

    Protesta do persoal do porto de Marín

    Ao son de No soy yo, eres tú, de Conchita, esixiron un trato «digno» e os dereitos laborais que lles corresponden. O tema musical «reflicte claramente o día a día e o sentir dos compañeiros», expoñen desde a sección sindical de CCOO.

    En opinión dos traballadores e das traballadoras, Miguel Ángel Navarro Veroz, director desde hai 27 anos, «leva exercendo durante demasiado tempo un liderado autocrático que dificilmente vai cambiar e que crea un ambiente de traballo hostil e deprimente». Por esta razón, pídenlle ao presidente, José Benito Suárez Costa, «que asuma a súa responsabilidade e dea cabo da situación».