Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

Resumo da III Xornada de Mulleres Pensionistas de CCOO

    O pasado 17 de abril, a Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia (FPX-CCOO) organizou en Santiago de Compostela a III Xornada de Mulleres Pensionistas de CCOO.

    24/04/2023.

    URL | Código para insertar

    Inaugurou a xornada o secretario xeral comarcal de CCOO, Joaquín Gutiérrez. A súa intervención deu paso a unha mesa sobre a fenda de xénero que atangue os coidados que precisan as persoas maiores, pois a maior parte seguen recaendo sobre as mulleres. Sobre isto falou Mamen Sabio, secretaria da Muller, Igualdade e Políticas LGTBI do Sindicato Nacional de CCOO, xunto a Carmen Nores, secretaria da Muller da FPX-CCOO.

    Despois dunha pausa tivo lugar a segunda mesa, centrada na incidencia do Pacto de coidados nas persoas maiores. A relatora foi Carolina Vidal, secretaria de Mulleres, Igualdade e Condicións de Traballo da Confederación Sindical de CCOO, presentada por Isabel Mouriño, secretaria confederal da Muller da FPX-CCOO.

    A clausura da xornada correu a cargo de Leila Piñeiro, secretaria de Organización do Sindicato Nacional de CCOO, Carlos Mella, secretario xeral da FPX-CCOO de Galicia e Isabel Mouriño.