Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

Concentración diante da Consellaría de Educación para esixir acordos no ensino concertado

    Este martes, CCOO, UGT e CIG concentráronse diante da Consellaría de Educación, en Santiago de Compostela, para rexeitar a falta de compromiso da Administración cos traballadores e traballadoras do ensino concertado.

    25/04/2023.
    Concentración para esixir acordos no ensino concertado (25/4/2023)

    Concentración para esixir acordos no ensino concertado (25/4/2023)

    Os sindicatos esixen que a Consellaría cumpra co compromiso asumido na última mesa tripartita de sentar a negociar un acordo de mantemento de emprego eficaz.

    A situación do persoal do ámbito é «inaceptable», pois sitúao «ao final da lista» en relación ás demais comunidades autónomas. Se non se aceptan as propostas, a situación pode ser «dramática» para moitos traballadores e traballadoras, podendo producirse peche de unidades e perda de postos de traballo, aseguran.