Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Maio 2025.

Charla-coloquio na Coruña sobre o futuro das pensións

    A Unión Comarcal de CCOO da Coruña organiza o mércores, 10 de maio, unha charla-coloquio sobre o sistema público de pensións. Será ás 19:00 horas na sede da Once na Coruña (Cantón Grande, 3).

    08/05/2023.
    Charla-coloquio sobre o futuro das pensións na Coruña, o día 10 de maio

    Charla-coloquio sobre o futuro das pensións na Coruña, o día 10 de maio

    Como relatores intervirán Carlos Bravo e María Cadaval. Presenta o acto Cristóbal González Triñanes, secretario xeral da Unión Comarcal de CCOO da Coruña.

    Relatores

    Carlos Bravo Fernández é licenciado en Dereito e en Xeografía e Historia. Foi profesor asociado no Departamento de Dereito Social e Internacional Privado da Universidad Carlos III de Madrid. Colabora habitualmente con distintas universidades en cursos, másteres ou actos formativos. Actualmente é o secretario de Políticas Públicas e Protección Social da Confederación Sindical de CCOO e formou parte do equipo sindical que negociou os últimos acordos de pensións.

    María Cadaval Sampedro é profesora do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e doutora europea en Economía Aplicada. Entre outras moitas ocupacións, é membro do Observatorio Internacional da Regulación das Entidades do Sector Público (OIRESP) e columnista e colaboradora de varios medios de comunicación.