Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

CCOO gaña as eleccións sindicais no Concello de Padrón

    A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO informa da vitoria nas eleccións sindicais do Concello de Padrón, onde pasou de tres representantes a catro, mentres que a CIG diminuíu de tres a dous.

    11/05/2023.

    Con estes resultados, CCOO ve referendado o traballo feito nos últimos anos. Algúns exemplos recentes son o recurso legal contra a oferta pública de emprego —que deixou fóra varias prazas— ou a loita fronte ao Goberno local para esixir a actualización das nóminas do persoal conforme a RPT vixente.