Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2024.

Prestación por coidado de fillas e fillos afectados por cancro ou outra enfermidade grave

    30/05/2023.
    Menor hospitalizado

    Menor hospitalizado

    Resumimos na folla informativa que se achega as características e requisitos da prestación por coidado de fillas e fillos afectados por cancro ou outra enfermidade grave.

    Consiste nunha axuda económica para paliar a perda de ingresos cando se reduce a xornada laboral por responsabilidades de coidados dunha filla ou fillo afectado de cancro ou outra enfermidade grave e que necesita de atención permanente.

    Ademais do cancro, inclúense unha serie de enfermidades graves que se recollen no anexo do RD 1148/2011, de 29 de xullo.

    Pode pedir a axuda calquera dos proxenitores, pero non de maneira simultánea. Percíbese o 100 % da base reguladora. Tamén se percibiría o correspondente ás pagas extra, aínda que rateadas.

    Mentres se percibe a prestación, mantéñense as cotizacións ao 100 % (por incapacidade tem­poral, incapacidade permanente, xubilación, morte e supervivencia, maternidade ou paterni­dade, risco no embarazo e a lactación, desemprego). 

    O subsidio acéptase, nun principio, coa duración dun mes. Posteriormente, debe renovarse cada dous meses, mentres os coidados sexan necesarios (isto debe acreditalo o persoal médi­co), ata que a túa filla ou fillo cumpra 23 anos —ou 26 anos no caso de que teña recoñecido un grao de discapacidade de, polo menos, o 65 %. Se algunha ou algún dos proxenitores deixa ou perde o seu traballo, extínguese o dereito.