Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2024.

Continúa o conflito do metal de Lugo, que se encamiña a unha folga indefinida

    O mércores, a cuarta xornada de folga no metal da provincia de Lugo tivo un seguimento próximo ao 95 %, segundo informan os sindicatos convocadores (CCOO, UGT e CIG). Houbo piquetes informativos nos polígonos industriais e practicamente non houbo actividade nas empresas.

    01/06/2023.
    Folga do sector do metal da provincia de Lugo (31/5/2023)

    Folga do sector do metal da provincia de Lugo (31/5/2023)

    Cabe salientar, nesta cuarta xornada, a concentración  diante da sede de Aprevar, a patronal dos talleres, pois esta asociación empresarial está sendo a que máis obstáculos está a pór para que se poida chegar a un acordo.

    Segundo o secretario comarcal de CCOO-Industria de Lugo, José Luis López, Aprevar ten case a metade de representación na mesa de negociación. Na súa opinión, a posición desta patronal «é un absurdo», pois as empresas asociadas están padecendo as consecuencias dos paros.

    O sector do metal lugués aínda vivirá novas xornadas de folga os días 2, 6, 7 e 8 de xuño. A partir desa data, se non hai novidades, o paro sería indefinido.