Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Maio 2025.

CCOO Informa, n.º 9: Axudas de accesibilidade para as vivendas

    A Secretaría de Emprego e Política Social edita un novo número da publicación CCOO Informa en que se resumen os requisitos das axudas de accesibilidade para as vivendas. Esta liña de axudas públicas, de contía variable, pódese solicitar ata o vindeiro 15 de xullo e, en todo caso, cando se esgote o crédito orzamentario dispoñible.

    08/06/2023.
    Dispositivo salvaescaleiras

    Dispositivo salvaescaleiras

    Poden solicitar esta axudas as persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares, edificios de tipoloxía residencial de vivenda colectiva e vivendas incluídas nun edificio de tipoloxía residencial de vivenda colectiva.

    Tamén poden pedir as comunidades de persoas propietarias ou as súas agrupacións; as cooperativas de vivendas; as empresas construtoras, arrendatarias ou concesionarias dos edifcios; así como as persoas arrendatarias de vivendas se as actuacións previstas non son de obrigada execución pola persoa propietaria, pero ambas as dúas están de acordo en facelas.

    Subvencionaranse, entre outras, actuacións como a instalación de videoporteiros, ascensores, salvaescaleiras, ramplas, automatismos para a apertura de portas —incorporando mecanismos motorizados ou outros dispositivos de accesibilidade—, así como calquera medida de accesibilidade.

    Máis información na publicación anexa a esta nota informativa (CCOO Informa, n.º 9).