Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 2 Maio 2024.

Homenaxe a Elías Vila Calveira

    O pasado venres, 9 de xuño, celebrouse no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa un acto de despedida do compañeiro Elías Vila Calveira, que foi secretario xeral do Sindicato Comarcal de Pensionistas de Arousa.

    13/06/2023.
    Acto Homenaxe a Elías Vila Calveira

    Acto Homenaxe a Elías Vila Calveira

    Elías destacou pola súa militancia e compromiso coa clase traballadora. Gran loitador dende a clandestinidade e involucrado intensamente no conflito de UNICAR nos anos 1993-1996, sempre mantivo a súa implicación en todas as reivindicacións de clase.

    Deixounos un claro exemplo para servir de guía a futuras xeracións.

    No acto deixaron constancia dos seus recordos, o secretario xeral de Pensionistas de Galicia, Carlos Mella; a secretaria xeral do Sindicato Nacional de Galicia Amelia Pérez; o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, así como Maica Bouza, Manolo Lago, etc.

    Compañeiro, sempre vivirás na nosa memoria.